Información para a adhesión ao Bono turístico 2023 #DescubreGaliciaenOutono
View in browser

Bono turístico 2023

#DescubreGaliciaenOutono

Xa está en marcha unha nova campaña do Bono Turístico, coa apertura hoxe, venres 20 de outubro do prazo de adhesión.

A diferenza doutras edicións anteriores, nos que o Bono Turístico se entregaba en formato físico mediante unha tarxeta de prepagamento, este ano na campaña #DescubreGaliciaenOutono os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

Poderán participar as empresas do sector turístico de Galicia, dadas de alta no REAT no momento da publicación desta convocatoria, que formen parte de:

Establecementos turísticos de aloxamento (agás as vivendas de uso turístico)

 

Axencias de viaxe

Procedemento de adhesión:

 

Os establecementos turísticos de aloxamento e as axencias de viaxes que desexen adherirse ao programa #DescubreGaliciaenOutono a través dos bonos turísticos deberán rexistrarse na web www.bonoturismo.gal indicando a información solicitada.

 

Unha empresa que xa estivo adherida á campaña Bono turístico #QuedamosenGalicia do ano 2022 debe volver adherirse, cos datos requiridos, para poder participar na campaña 2023.

O prazo de adhesión de establecementos comeza hoxe, venres 20 de outubro e remata o 1 de decembro.

judge.png

Funcionamento do bono

1. A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonoturismo.gal e, nese momento, entenderase preconcedida a axuda.

2. Para trocar os bonos e poder facer efectivos os descontos ás persoas usuarias, as persoas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de axencias de viaxes terán que descargar no seu móbil a APP bonos turísticos.

3. No momento de abono do gasto correspondente ao aloxamento, as persoas titulares dos establecementos turísticos de aloxamento e das axencias de viaxes terán que introducir na APP o importe e o concepto do gasto, aparecendo automaticamente o importe que se vai cobrar (unha vez aplicado o desconto). Pola súa banda, as persoas usuarias deberán mostrar o seu bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final do gasto realizado.

 

Os bonos realizarán automáticamente un desconto do 40% do importe total, cun límite máximo de 100€.

icones_Mesa_de_trabajo_1_copia.jpg

Prazos:

PRAZOS DE ADHESIÓN Ó PROGRAMA:

Dende o día 20 de outubro ata o 1 de decembro de 2023, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

DATAS DE FUNCIONAMENTO PARA OS USUARIOS:

Dende o día 27 de outubro ata o 25 de decembro.

Este programa está regulado na: 
RESOLUCIÓN de 17 de octubre de 2023 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de ayudas, en régimen de concurrencia no competitiva, del programa #DescubreGaliciaenOtoño a través de bonos turísticos, se convocan para el año 2023 y se abre el plazo para la adhesión de los establecimientos de alojamiento turístico y agencias de viajes (código de procedimiento TU985F).
 

Máis información

Email

bono@clusterturismogalicia.com

Teléfono

881 505 103

tira_de_logos_Xunta_Galicia_Cluster_Mesa_de_trabajo_1.jpg

Síguenos en redes sociais

En cumprimento do disposto na Protección de Datos, para o exercicio dos seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos persoais, contidos nas nosas condicións de protección de datos, soamente ten que responder a este e-mail indicando o seu email no asunto. Se desexa darse de baixa tamén pode facer clic  aquí.